SAT NAM RASAYAN O ARTE DA CURACIÓN

Sat Nam Rasayan é unha técnica milenaria de meditación que a vez é o arte de curación do Kundalini Ioga, no cal o único instrumento de curación é a conciencia do curador.

Este aprende a manterse estable nun estado de neutralidade e silencio mental, cesando a súa indentificación cos contidos da mente.

Con SNR poderás aprender a relacionarte cos demais dun xeito natural, a ter encontros sin ser escravo de prexuízos, a sentirte presente en ti mesmo e no mundo que te rodea.

Tradicionalmente este arte ensínase para curar a outros. Axuda a liberar tendencias e limitacións do corpo, a mente e o espírito.Ditas tendencias son as causas máis comúns de enfermidade. Ao facelo,  actívase a capacidade auto-curativa do organismo e a vida vívese dun xeito máis claro e equilibrado.

¿Quen pode acceder a practicalo?

Sat Nam Rasayan no é dogmático, non se asocia con ningún ritual ou crenza e non se achega a ningunha relixión en particular. Calquera persoa de calquera orixe e cultura pode practicalo.

É de gran axuda para terapeutas en xeral, é aos interesados en practicar curación coa mente meditativa. Sirve aos practicantes de ioga ou outras artes, e dará as claves precisas ás persoas interesadas en aprender a meditar.

¿Beneficios do SNR ao practicante?

Curar aos demais nun espazo meditativo poderoso, utilizando tan só a conciencia é a intención.

-Vivenciar o que te rodea con presenza e claridade de mente. Isto aporta maior grado de atención e comprensión da propia vida.

-Desenvolver a capacidade de aceptación da realidade, aliviando así a ansiedade por controlala.

-Liberarte de actitudes e comportamentos que te danan.

-Experimentar os teus sentimentos, emocións e pensamentos con desapego.

-As relacións vólvense cercanas e compasivas, sen xuízos severos nin sensación de superioridade ou inferioridade.

-Desenvolve a capacidade de resposta creativa en momentos difíciles.

-Establecer o silencio na túa mente e deixarte guiar pola intuición.

-Concede en pouco tempo ao practicante un espazo de conciencia meditativa equiparable a moitos anos de prácticas meditativas.

¿Como se estrutura a ensinanza?

Existen dous niveles de formación básica:

Nivel I:

Desenvolvense as habilidades para conectar, expandir e manterse estable nese espazo de conciencia, entrénase a atención e a intención. Neste nivel xa se completan curacións.

Nivel II:

Ofrecense ferramentas para a curación profunda. Procura ao practicante múltiples oportunidades para o desenvolvemento profesional e persoal.

Para completar a ensinanza  de cada nivel, requirese a realización de 10 intensivos de 5 horas cada un (un sábado ou domingo o mes) Os calendarios son establecidos ao comenzo da formación.

¿Quenes son os formadores?

É o encargado de impartir a ensinanza en España dende o ano 1992. Ao longo de moitos anos aprendeu e traballou xunto a Guru Dev Singh para dar unha forma conceptual cada vez máis clara á técnica. Como resultado dese traballo de sistematización, saiu á luz o libro «Sat Nam Rasayan, El Arte de la Curacion», do cal é autor xunto con Guru Dev Singh.

Durante estes anos dirixiu múltiples cursos en Madrid, Barcelona, Valencia e máis recentemente en Compostela (2008). Toda esta experiencia, así como os seus coñecementos de Kundalini ioga e a sua formación como médico, traumatólogo e osteópata, otórganlle unha visión ampla e capacidade didáctica á hora de transmitir os sutiles coñecementos do San Nam Rasayan.

O equipo está integrado ademais por:

Isha e Khalsa Kaur (Chiky)

En Compostela organizamos formacións anuais, si tes interes pide información en:

yogaensantiago1@gmail.com

Telf 650 377 718 

Neste mesmo contacto podes pedir o único libro autorizado de SNR como manual didáctico,»Sat Nam Rasayan el arte de la curación» por Guru Dev Singh con Ambrosio Espinosa.