“O ioga non é para ser estudado, é para ser vivido. É a observación cuidadosa do que eres"
Swami Satyananda Saraswati
O ioga é unha ciencia holística de vida,que se orixinou na India hai miles de anos.
É o sistema de desenvolvemento e evolución persoal máis antigo do mundo,e como tal está deseñado para que se poida incorporar á vida diaria.
Traballa sobre tódolos aspectos da persoa:físico,vital,mental,psíquico e espiritual.
A palabra ioga significa «unión»,esta unión descrebese en termos espirituais como a unión da conciencia individual coa conciencia universal.A un nivel máis práctico o ioga é un método para equilibrar e armonizar o corpo,a mente e as emocións.
Este equilibrio lógrase a través da práctica de: asanas,pranaiamas,mudras,bandhas,shatkarmas e meditación.
Swami Maitreiananda
Todos los derechos reservados | © 2024 | YOGA
¡Envíanos un mensaje!