Naceu o 8 de setembro de 1887. Dende moi xoven sinteu unha inclinación natural para dedicar a súa vida o estudio e práctica da Filosofía Vedanta, así como para servir os demais con un sentimento innato de unidade con toda a humanidade.
Decideu estudar mediciña, debido o seu desexo de servicio, visitou aqueles lugares onde a súa axuda fose máis necesaria. Despois dos seus comenzos como médico na India trasladóuse a Malasia, onde miles de indios traballan en condicións difíciles.
Sendo director dun hospital local, pasou gran parte do seu tempo atendendo os pobres sin coste. Editou unha revista médica é escribeu sobre problemas de saúde.
Douse conta que as persoas necesitaban mais que nada un coñecemento adecuado e implantóuse a misión de difundir este coñecemento.
Desexaba por encima de todo axudar a xente, non soio a nivel físico como antes, si non tamén a niveis mentais. Este médico do corpo é da alma abandonou a súa carreira é levou unha vida de renuncia dedicada a atender as almas dos demais. Pasou moitos meses como monxe renunciante, nun camiño errante ata os Himalaias. Alí practicou ioga e meditación intensamente é alcanzou a realización.
Asentóuse en Rishikesh en 1924, brilando como un gran Iogui, sabio e con unha alma liberada.
No 1932, empezóu o Ashram Sivananda é no 1936 a Sociedade da Vida Divina. Fundóu o Ioga Vedanta Forest Academy no 1948.
A súa finalidade foi a de difundír o coñecemento espiritual é a Filosofía Vedanta. Swami Sivanada é o autor de máis de 200 libros, é os seus discípulos pertencentes a distintas nacionalidades, relixións e credos están esparcidos por todo o mundo.
Swami Sivananda non fundóu ningunha relixión, nin desenvolveu novas leis sobre ética é moralidade, sin embargo axudóu o induísta a ser mellor induísta o musulmán a ser mellor musulmán e o cristián a ser mellor cristián.
Alcanzou o seu Mahasamadhi no 1963.
«Sirve, Ama, Dá, Purificate, Medita, Realizate, Sé bo, Fai o ben, Sé amable e Compasivo, Adáptate, Axústate, Acomódate, Preguntate:¿Quen son eu? Coñece o Ser e sé libre.
Naceu en Amora, Uttar Pradesh India no 1923.
O seu grupo familiar tívo sempre interéses espirituais o que influeu notablemente nel.
A idade de 20 anos, tomou como guía a Swami Sivananda, co cal estívo 12 anos. No 1947 foi iniciado por él na orde monastica de Sannyas Dasmani.
Inicia aquí unha nova etapa na súa vida de Sannyasin como peregrino errante recorre toda a India, Afganistán, Nepal, Tíbet, etc. Adquiríndo un notable coñecemento da vida e das persoas co que despois complementaria a súa ensinanza de ioga.
Recoñecido por sabios como autoridade dos máis profundos coñecementos viaxou por todo o mundo durante 20 anos, difundíndo o mensaxe do ioga, guíando é inspirando a innumerables discípulos.
No 1964 fundóu a Bihar School of Yoga.
Como resultado do seu traballo inspirado no Tantra é no Vedanta, convirtéuse nun pioneiro no campo do ioga, ensinando non soio Hatha Ioga e Raja Ioga, senón tamen técnicas pouco coñecidas como o Ioga Nidra, Antar Mouna, Ajapa Japa, Kriya Ioga de Kundalini Tantra.
No 1983 Swami Satyananda pon a cabeza de toda las organizacións a Swami Niranjanananda a quen había preparado para iso.
Renuncia a todo é inicia un período de peregrinaxe por tódolos lugares sagrados da India, como un renunciante total ou sadhu.
No 1989 na cidade Dehogar, establécese definitivamente no poblado de Rikhia.
Experimenta o Mahasamadhi ó 5 de decembro de 2009.
Swami Niranjanananda guía as actividades das diferentes organizacións ligadas a Bihjar School of Yoga dende o 1983.
No 1994 funda a Bihar Yoga Bharati un instituto de estudios avanzados e o Bal Yoga Mitra Mandal un movemento que inicia os nenos no ioga.
Autor de numerosos libros sobre ioga, tantra etc. Guia a miles de seguidores de Swami Satyananda Saraswati.
Pioneiro do Ioga na Peninsula.
Escomenzou a práctica do ioga os 16 anos de xeito autodidacta. Formandose en diferentes cursos como por exemplo con André Van Lysebeth en Suiza.
Discípulo de Swami Satyananda e de Swami Niranjanananda.
Dedicado a ensinanza do ioga dende o ano 1975.
Fundador de «Bindu» escola de ioga de Chamartin en Madrid no 2002. Autor de «Las Claves del Yoga» e «Consciencia Desnuda».
En 1987 foi iniciado na tradición de Sannyas por o seu mestre Paramahamsa Satyananda (de quen recibíu o nome de Swami Digambarananda Saraswati.)
www.yogabindu.net
escuela@yogabindu.net
Mostrar o meu profundo respeto e agradecemento a estes mestres que tanto aportarón e aportan a humanidade.
HARI OM TAT SAT
Crer En Ti Mesmo Por Swami Niranjananda Saraswati
Crer en ti mesmo. Saber que tes a fortaleza, a habilidade, a coraxe e a vontade de transformarte a ti mesmo. O mellor medio para chegar a este punto é a través do silencio, non a través da lóxica nin do intelecto, nin de preguntas nin de argumentos. Hai tantos libros escritos, e aínda, as persoas continuamos coas preguntas. As respostas están nas escrituras sacras dos diferentes mestres e santos, e aínda pedimos razóns, o por que, o cando, o como? Preguntamos as mesmas preguntas unha e outra vez, aínda que xa se nos entregarón as respostas.
Aprender en silencio sobre os misterios da vida a través do entendemento e crendo na túa fortaleza, na túa coraxe, e na túa habilidade; definitivamente, podes facer que un anaco de terra deserta transfórmese nun xardín florecido. O método o elixes ti mesmo.
Se a auga non está dispoñible preto, terás que cavar un pozo ou escoller unha canle para acercarche ao río. Atopa o teu propio método. Ti tes que atopar os medios para conseguir as sementes correctas e protexelas, proporcionándolles todo o que necesitan para o seu crecemento.
Convértese fácil e sinxelo, se crees en ti mesmo e se tes propia vontade e sinceridade. De nada serve de estar sentado coa cabeza nas túas mans, pensando, “Deus, que vou facer coa miña parcela de terra; está chea de pedras e non teño nin auga preto“. Esta actitude de fatalismo é o camiño ao inferno. E ese é o obstáculo máis grande que temos que emendar.
A actitude de fe é a escaleira ao ceo, por iso, nunca sexas un fatalista. Sempre debes ter fe en ti mesmo.
Compartido de Satyananda Supporters Worldwide
Swami Niranjanananda Saraswati
Todos los derechos reservados | © 2024 | YOGA
¡Envíanos un mensaje!