Alá polo o ano 1985 comenzo a miña andaina polas técnicas físico-meditativas orientais a través da práctica do Karate-do Shotokai, no cal estiven 15 anos, dos cales os 9 últimos dirixía dous grupos de entrenamento: un infantil e outro de adultos, no concello de Dodro (A Coruña)
Nestes tempos do Karate-do, o ioga e o tai chi chuan formaban parte das prácticas como complemento das artes marciais.
Por diversas circunstancias, o Karate-do quedou atrás, pasando o ioga e o tai chi chuan a formar parte da miña practica diaria. Participo en diferentes formacións e numerosos intensivos para profundizar máis nestas técnicas orientais.
A curiosidade polo funcionamento corporal lévame a estudar durante dous anos a tecnica osteopática con Kyril (recoñecido osteopata e profesor de orixe rusa)
Dende o ano 1999 estou a impartir clases en Compostela en diferentes lugares.
No 2012 recibo a primeira formación de sanación por medio do Gong e das Cuncas Tibetanas e de Cuarzo, e inicio o Camiño do Gong, da man de Don Conreaux,
Na actualidade, totalmente orientado cara o ioga, por considerar esta técnica de gran beneficio e utilidade para os demais e para min mesmo. Continuo a miña formación con mestres de prestixio internacional. Organizo a formación de Sat Nam Rasayan na Galiza.
Instagram: yoga en santiago
Titulacions recoñecidas:
– Certificado de profesionalidade de instrucción en IOGA recoñecido pola Xunta de Galicia.
– Ioga Siromani profesor de Hatha Ioga Sivananda por Centros Internacionales de Ioga Sivananda.(2003)
– Intensivos de Satyananda Ioga con Danilo Hernández. (2005 até actualidade)
– Instructor de Kundalini Ioga tal como o ensinou Iogui Bhajan pola Aeky. (2007)
– I e II nivel de Sat Nam Rasayan.(2008 e 2009) Continuo participando nos seminarios da formación
– Certificate of Achievement Gong Master Training (Introductory) con Don Conreaux. (2012)
– Certificate of Attendance Gong Master Training con Don Conreaux. (2013)
– Cinto Negro de Tai Chi Chuan pola R.F.J.D.A. (Departamento de Wu Shu) (2006)
– Instructor de Tai Chi Chuan pola R.F.J.D.A. (Departamento de Wu Shu) (2006)
– Instructor de Qi Gong por IGAMCHI. (2006)
– Instructor de Karate-do Shotokai pola Asocciación Shotokai España. (1993)
– Cinto Negro de Karate-do Shotokai pola Asociación Shotokai España.(1992)
Todos los derechos reservados | © 2024 | YOGA
¡Envíanos un mensaje!