BAÑOS DE SON

O baño de son é un mergullo completo no son. Utilizando o Gong como instrumento principal chégase a unha relaxación completa que nos leva a un estado de total neutralidade que é o estado natural máis curador do corpo a nivel físico e emocional.

O son sacro resona na auga do corpo, viaxa polas nosas células e limpa calquer eco no corpo de pensamentos e emocións discordantes restituíndo a armonía nel.

O seu espectro completo de armónicos que esta baseado en presións de ondas de son que vibran nos meridianos da enerxía do corpo equilibrándoos.

É unha excelente terapia para tódolos temas relacionados con estrés, depresión, fatiga ,sentimentos de soidade, furia, medo e moitísimas outras condicións causadas pola falta de equilibrio e armonía no corpo e na mente; porque exerce un efecto revitalizante sobre o sistema inmune e nervioso.

As vibracións do Gong superan o sentido do oido e síntense por todo o corpo envolvéndonos. Esta experiencia multisensorial de oido, mente e pel percibese como unha capa de son que nos recubre e nos transporta a outros lugares, outros tempos e outros estados de consciencia.

Mergullados neste son curador ningunha mente faladora pode resistirse. As ondas de son sentímolas como unha vibración poderosa barrendo todo e penetrando profundamente no corpo e mente limpandoos, liberandoos, curandoos e armonizándoos.

O Gong contén o tono universal, o gran OM que resona en todo o universo.

O Gong non e soamente un instrumento musical, nin un tambor. O Gong e unha fermosa vibración, é como unha multitude de cordas vibrando a vez. É unha ferramenta de transmutación.

Cando esta vibrando é unha verdadeira ponte entre distintas dimensións.

TAZAS TIBETANAS DA LÚA CHEA

Feitas a man durante a lúa chea no val de Kathmandú en Nepal, por uns metalúrxicos artesáns usándo unha aleación de 7 metais. Están toda a noite entonando o mantra Om Mani Padme Hum a vez que fan as tazas, mantra que tamén graban nas tazas, para que a vibración do mantra se una a vibración das tazas para asi aumentar o seu poder curador.

 

As sutís vibracións das tazas estimulan o corpo liberándoo de tensión e restaurando a súa propia armonia e levándote a un estado de profunda relaxación.

O son da taza tibetana crea un espazo sacro que nos rodea e atravesa calmándonos a un nivel interno e externo.

 

Sete metais sacros: ouro, prata, mercurio, cobre, ferro, estaño e plomo. Teñen unha forma e un temple especiais que lles permite soar o ser frotados ou percutidos no seu borde con unha baqueta de madeira. Producen un amplo abano de sons armónicos e sobretóns, e a súa sonoridade perdura por longo tempo, expandíndose por todo o ambiente, cambiando a vibración do seu entorno.

As tazas armonizan principalmente o sistema nervioso e cardíaco, elevan as defensas do

organismo, predispoñéndonos a estados profundos de introspeción benefeciosos para a saúde, reducindo a segregación de hormonas do estrés e elevando as que producen benestar.

En xeral axudan a liberar bloqueos e a recuperar o ritmo corporal.

As tazas tibetanas tamén úsansen como apoio a meditación, neste sentido a experiencia é que aclaran e limpan a mente de pensamentos residuais, acrecentan a atención volvéndonos máis sensibles e perceptivos.

TAZAS DE CRISTAL DE CUARZO

As tazas de cristal de cuarzo estan feitas de 99% de cuarzo. Producen sons puros e potentes, acompañados por unha variedade de armónicos.

As vibracións repercuten na columna vertebral, que actúa como vehículo de resonancia e exténdese a través do sistema nervioso cara os órganos, texidos e células, armonizando e equilibrando todo o que encontran no seu camiño e como unha masaxe sonora a nivel celular ou como unha profunda e serena meditación.

A súa audición e unha experiencia de gran relaxación física e mental, unha sensación de flotar, de benestar e plenitude.

Producen importantes desbloqueos no corpo fisico e enerxético, por iso son unha importante ferramenta terapéutica.

Polo principio de resonancia as tazas de cuarzo producen unha armonización entre a súa vibración e a da persoa. Esta vibración ten o poder de facer vibrar os átomos e reorganizalos nunha estructura cristalina, que e a máis forte e máis san.

O seu son afectará de un xeito global o individuo, equilibrando primeiro o seu corpo enerxetico e os chakras e limpando o seu campo áurico.

As tazas de cuarzo pódense utilizar en caso de contracturas musculares, roturas e outros problemas óseos. Ten efectos positivos en caso de artrosis, problemas circulatorios, pedras nos riles, depresiones e outras doenzas.

Cargan e potencian ca súa vibración esencias florales, aceites esenciais e auga, e tamén usanse para limpeza de espazos fisicos.

FRAUTA NATIVA

(estilo Lakota)

Lakota e unha das tres ramas da familia denominada Siux.Son considerados como os máis místicos e nobles dentro dos nativos do norte. A eles pertence Alce Negro o último chamán Lakota que dictou o libro sobre a Pipa Sacra.

Os instrumentos musicais eran usados en ritos sacros. Requeria o uso de materiais especificos, e usar dúas pezas de madeira para formar a frauta, xa que para que a  enerxia do amor fluia debe haber dous elementos como minimo e certos ritos de construción.

 

Ten usos como o de desbloquear e activar os chakras. En meditación para inducir o estado alfa cerebral, crear vibracións enerxéticas que contraresten os medos e demais emocións negativas.

TAMBOR CHAMÁNICO

O tambor é un dos instrumentos máis sacros da cultura Lakota. Forma parte de todalas reunións e cerimonias.

O latexo do tambor é o Espíritu do Animal, axúdanos según a mitoloxía Lakota a descubrir o afloramento do noso espíritu.

«A Voz do Tambor é así mesmo unha ofrenda o Espíritu do Mundo. O seu son estimula a mente e fai que o ser human intulla o misterio e o poder das causas»

Alce Negro

CUNCHA

E un dos instrumentos máis antigos da humanidade.

Non se poden realizar melodias, pero cambiando a tensión dos labios ou modificando a abertura cunha man, pódese variar a modulación e o timbre.

En diferentes culturas ten diversos simbolos é usada en rituais. Según creenzas hinduistas a súa musica conxura os espiritus do mal, para os tibetanos o seu envolvente son facilita o valeiro mental de quen o escoita.

Nun ámbito máis universal a cuncha da caracola ca súa forma espiral simboliza o movemento celestial do sol, da lúa e das estrelas a través do ceo.

CAMPANA TIBETANA E TINGSHAS

Feitas de 7 metais, entre eles o ouro e a prata, teñen unha sonoridade mística.

Úsanse para a meditación, curación e limpeza áurica. As súas vibracións penetran nos nosos corpos fisicos e enerxéticos, relaxándonos e abrindo unha comunicación interior.

BAÑOS DE SON

Escomenzan con unha secuencia de relaxación tumbada, para entrar nun estado mental de calma e tranquilidade, para asi continuar tumbados e deixar que as vibracións e armónicos dos instrumentos atravesen tódolo noso ser, para que a nosa consciencia se expanda, levándonos a unha experiencia de meditación profunda por medio do son.

Necesitase unha esterilla para tumbarse e unha manta para taparse e tamén auga para beber.

A duración será de máis ou menos duas horas.